Concello de Vimianzo
12 de febreiro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-01-2025

O Concello lembra a importancia de manter as fincas limpas e cumprir as distancias de seguridade

O Concello lembra a importancia de manter as fincas limpas e cumprir as distancias de seguridade

O Concello de Vimianzo fai un chamamento á cidadanía para extremar as precaucións e cumprir as distancias obrigatorias de seguridade en fincas forestais, especialmente polo carácter da xeografía e o alto risco de incendios que iso conleva. 
 
A recente caída de árbores durante o último temporal, que obrigou a cortar numerosos exemplares que obstaculizaban estradas e ameazaban infraestruturas municipais, pon de manifesto a necesidade de manter as parcelas limpas e xestionadas segundo a normativa vixente.
 
As distancias que deben respectarse, segundo a normativa vixente son as seguintes: 50 metros de separación entre árbores e edificacións; 6 metros entre árbores e pistas asfaltadas, co obxectivo de minimizar os riscos tanto en caso de lume como de fenómenos meteorolóxicos adversos; e 5 metros en zonas de liñas de alta tensión dende o exterior das infraestruturas. 
 
Estas medidas son imprescindibles para garantir a seguridade das persoas, dos vehículos que circulan polas vías públicas e dos equipos de intervención que actúan en emerxencias.
 
Sen ir máis lonxe, esta fin de semana realizáronse ata 50 intervencións subsidiarias en parcelas privadas para evitar incidencias ou limpar estradas que foran invadidas por árbores caídas. Dende o Concello lembran que a responsabilidade de manter as fincas en estado óptimo é das persoas propietarias, e que este tipo de execucións subsidiarias son o último recurso ao demostrarse unha inacción continuada.
 
Estas normas cobran especial relevancia nun concello como Vimianzo, catalogado como Zona de Alto Risco de Incendios Forestais. Deste xeito, é esencial que as fincas se manteñan libres de material combustible acumulado ou árbores próximas a tendidos eléctricos, que supoñen unha ameaza, tanto para a seguridade como para a propia continuidade do subministro eléctrico.
 
Por último, dende o Concello de Vimianzo insístese na importancia de seguir estas medidas preventivas para evitar desgracias persoais ou materiais, especialmente para estar preparados para situacións como temporais ou altas temperaturas continuadas. Manter as distancias de seguridade non só é unha obriga legal, senón tamén unha responsabilidade colectiva para preservar a seguridade da veciñanza e do noso contorno.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
23
24
25
26
27
28
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X