Concello de Vimianzo
18 de xaneiro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-01-2025

Vimianzo e Laxe levan de maneira conxunta a paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba a Fitur 2025

Os concellos de Vimianzo e Laxe presentarán de maneira conxunta na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a maxia que envolve aos Penedos de Pasarela e Traba como paisaxe protexida.

Será o xoves, 23 de xaneiro, ás 11:30 horas, no stand de Galicia. Ámbolos dous concellos veciños, xunto coa Xunta de Galicia, divulgarán a riqueza desta paisaxe e espazo pétreo de características únicas.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o rexedor laxense, Francisco Charlín, serán os encargados de levar ata Madrid e exhibir alí o potencial como recurso turístico deste espazo natural, que destaca pola súa singular xeografía e biodiversidade, así como por ofrecer unha panorámica de espectaculares vistas ao Atlántico.

Rodríguez salientou a importancia de “coidar, protexer e divulgar este enclave, que mostra á perfección a riqueza natural da nosa terra” e mostrouse “moi orgullosa de poder levar a Fitur a nosa natureza, algo que nos representa e que nos define como un destino turístico que nunca esqueces e ao que sempre tes ganas de volver”.

Pola súa parte, Charlín destacou que se trata “dunha grande ocasión para dar a coñecer a nosa terra e apostar por un turismo sostible e respectuoso co medio ambiente, que é capaz de apreciar e garantir a conservación e coidado dos nosos recursos naturais” e quixo agradecer “o apoio da Xunta de Galicia e que nos brinde a oportunidade de ofrecer en Madrid a riqueza da Costa da Morte”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
26
27
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X