Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A poucos días para que remate o curso escolar, e coa relaxación do traballo feito, os nenos e nenas do Ceip San Vicenzo de Vimianzo, do Ceip de Baíñas e das escolas unitarias de Castromil, Carnés e Carantoña reuníronse na Casa da Cultura para despedir o curso escolar. Alí o concello tíñalles preparado un espectáculo infantil a cargo da Compañía Barafunda Animación e os pallasos non defraudaron aos escolares coa súa Maxia Branca.
Manuel Antelo despedía o curso dos escolares pero non aos nenos e nenas xa que no vindeiro mes empeza a programación cultural e depotiva do concello onde os máis pequenpo steñen un amplo abano de posibilidades de aprender e divertírense.
Risas e aplausos soaron no abarrotado patio de butacas do auditorio durante case hora e media de actuación dos pallasos que ben seguro lles soubo a pouco aos incansables escolares.