Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello dará comezo este martes, 21 de xaneiro, ás obras e rehabilitación e repavimentación na rúa Braña da Grixa, no treito que vai desde a AC-552 ata a esquina da rúa Codeseiras.
A estrada permanecerá pechada ao tráfico viario, a excepción das persoas residentes, desde o día de comezo ás 08:00 horas ata a finalización das obras. Con respecto ao estacionamento, poderase aparcar nas áreas habilitadas para este fin.
Con estes traballos preténdese desenvolver unha vía máis práctica, coa repavimentación da estrada e a creación de novas prazas de aparcamento e beirarrúas que incrementarán a seguridade peonil, creando un paseo coa correcta iluminación.
Neste sentido, as obras inclúen a mellora do firme existente da calzada e da rede de saneamento e auga potable, a execución de sendas peonís e de novos sistemas de iluminación urbana e a creación de novas zonas de aparcamento.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que “é unha actuación prioritaria que contribuirá a mellorar as condicións de seguridade e calidade de vida dos veciños e veciñas da zona”, ademais, “permitiranos humanizar a zona e darlle moito máis protagonismo ao peón, garantindo a súa seguridade ao darlle un espazo seguro para camiñar”.