Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
María del Mar Delgado e Alexandre Otero fixéronse coa vitoria nas respectivas probas estándar da XVI edición do Dúatlon de Reis, proba celebrada hoxe en Vimianzo. Participaron preto de 200 deportistas e entregaron as medallas a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Triatlón, Javier Campos; así como o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones; de Obras, Miguel Ángel Pérez; de Turismo, Beatriz Pazos; e de Benestar Social, María José Pose.
A proba foi puntuable novamente para o Campionato Galego e por segunda vez, será Campionato Galego na distancia súper sprint, que comprende 2,7 quilómetros en carreira, 11,5 quilómetros en bicicleta e 1,8 novamente en carreira para as categorías cadete, xuvenil e júnior.
O concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, destacou que ”é unha enorme satisfacción ver como o Dúatlon de Reis de Vimianzo segue consolidándose como unha proba de referencia xa non só na Costa da Morte, senón en todo Galicia”. O edil fixo fincapé “en que a carreira está afincándose no calendario do atletismo autonómico, atraendo a centos de participantes e facendo de Vimianzo un punto cada vez máis atractivo para a práctica deportiva”.
Resto de gañadores
Nas outras modalidades disputadas os gañadores foron os seguintes:
- Estándar parellas: Eugenio Canosa e Borja Nouche.
- Circuito Supersprint: Daniel Vieito.
- Popular Supersprint: Francisco Javier Pita.