Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Os vimianceses Javier Sampedro e Suso de Quinito, que forman o dúo musical Coídos, convidan á veciñanza a aventurarse nunha viaxe ás raíces máis antigas de Galicia.
O traballo constante das ondas sobre as pedras foi a fonte de inspiración do seu nome artístico, co que representan a súa propia traxectoria.
Mañá, 28 de decembro, ás 21:00 horas, ofrecerán un concerto único no Recuncho Gastronómico. O seu poemario musicado busca o reencontro coas raíces galegas, entrelazando a tradición coa modernidade desde unha perspectiva única. As súas cancións beben directamente da obra de destacados poetas galegos, entre os que destaca a contribución de Lola Canosa.
A combinación da forza das palabras e a beleza das melodías crean unha experiencia que promete ser inesquecible.