Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O pasado venres deuse a coñecer a postal gañadora do Concurso Infantil de Postais de Nadal de Vimianzo. Tamén se fixo entrega dos premios a todas as persoas premiadas.
Icía Romero Figueira conseguiu este galardón coa súa representación 'O mellor Nadal en Vimianzo', na que se pode ver ao Apalpador co seu saco podando unha árbore iluminada. Ao fondo o Castelo loce maxestuoso coas luces amarelas propias destas datas.
As diferentes propostas presentadas poderanse ver na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura e esta será a imaxe da felicitación das festas do Concello.