19-06-2012
A Escola de Teatro de Berdoias pecha o mes do noso cunha exitosa actuación
O día 17 de maio os nenos e nenas da escola municipal de teatro infantil de Carantoña e Vimianzo, que continuou durante o mes de xuño coas escolas de teatro de adultos de Salto, Pasarela e Vimianzo e o domingo tocoulle pechar o ciclo de teatro local á Escola de Teatro de Berdoias. Manuel Mouzo, Fina Campos, Aurora Trillo, Paquita Antelo, Eliseo Tajes, Isabel Sendón, Juan Pereira e José Blanco subían ao escenario para enfrontarse ao esixente público que abarrotaba o patio de butacas. Dirixidos por Toño Casais, de Talía Teatro, puxeron en escena A verdade por diante, unha peza breve, chea de comicidade, de celos e intrigas que fixo rir ao público durante toda a función. O auditorio rompía en aplausos ao rematar a función que deixou un bo sabor de boca como remate da programación continuada do auditorio.
Manuel Antelo subía ao escenario antes de comezar a función para agradecer aos presentes e ao público que durante todo o ano acoden cada domingo á programación da Casa da Cultura o que manifesta un interese polas activiades culturais por parte dos nosos veciños e veciñas, que desde o concello se está traballando para a continuación da programación do auditorio a partir do mes de setembro. O alcalde aproveitaba para convidar a todas as persoas que participaron nas escolas culturais e deportivas do concello de Vimianzo a unha festa de clausura que terá lugar o sábado día 30 de xuño na praza do concello.