Concello de Vimianzo
13 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-11-2024

Vimianzo inaugura o novo miradoiro de ‘Furna do Sapo’ para “voar sobre a ría de Camariñas”

Vimianzo inaugura o novo miradoiro de ‘Furna do Sapo’ para “voar sobre a ría de Camariñas”

O Concello de Vimianzo celebrou hoxe a inauguración do novo miradoiro sobre a ría de Camariñas, un proxecto deseñado para poñer en valor a riqueza natural e paisaxística da zona, promovendo o turismo sostible e creando un espazo de contemplación único para veciños e visitantes.

A nova infraestrutura, situada nun enclave privilexiado a case 80 metros de altura sobre a ría, ofrece unhas vistas espectaculares da desembocadura do río Grande, as praias e calas da contorna, e o océano Atlántico como pano de fondo. O miradoiro, que conta cunha estrutura metálica lixeira sostida por dous apoios de formigón armado ocultos, dispón dunha plataforma de madeira maciza de 38 metros cadrados, integrada de forma harmoniosa no espazo natural.

O evento contou coa presenza do conselleiro do Mar, Alfonso Villares; o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o presidente do GALP Costa da Morte, Evaristo Lareo; alcaldes da comarca, así como doutras autoridades e membros da corporación e de veciños e veciñas de Vimianzo. Ademais, estivo amenizado pola música de Irma Macías e Luis Pinto.

Na súa intervención durante o acto, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destacou que “hoxe inauguramos non só unha obra, senón unha nova experiencia para gozar da nosa contorna. Este miradoiro é un símbolo do noso compromiso coa promoción do noso territorio e coa posta en valor do noso patrimonio natural. Queremos que quen visite este lugar sinta que está a voar sobre a ría, admirando a súa beleza única”.

Ademais do miradoiro, a actuación incluíu a construción dunha explanada de acceso con muro de contención de granito, pavimentación con xabre e unha zona de aparcadoiro, facilitando o acceso a este novo espazo recreativo e didáctico.

O proxecto, cun orzamento total de 85.278,10 euros, foi financiado grazas a unha axuda da Consellería do Mar a través do GALP Costa da Morte. O redactor do proxecto foi Pablo Blanco e a empresa adxudicataria da obra foi Construcciones Ogando. Rodríguez lembrou que “o miradoiro tamén dará un salto de calidade a Vimianzo no que respecta á observación do ceo. Neste sentido, xa acollemos, o pasado mes de outubro, o Encontro Internacional Starlight, e agora seguimos reforzando a oferta turística de Vimianzo e do seu ceo”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X