Concello de Vimianzo
13 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-11-2024

O Concello conclúe as obras de pavimentación con aglomerado no viario de Moreira, en Carnés

O Concello de Vimianzo concluíu as obras de mellora no viario de Moreira, na parroquia de Carnés.

A actuación, que contou cun orzamento de execución de 31.283 euros e foi cofinanciada con cargo ao Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024, incluíu a limpeza de gabias a ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe. Para isto, aplicouse unha capa de aglomerado en quente en toda a plataforma, unha vez xa reparados os baches existentes.

A execución completouse con 30 metros de cuneta de seguridade con 30 centímetros de zahorra e 15 de formigón e coa correcta sinalización horizontal e vertical da zona contemplada.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, quixo destacar que estas actuacións “confirman a nosa aposta por mellorar o rural e favorecer as conexións entre os distintos núcleos que o compoñen. Seguimos realizando pequenas intervencións coas que estamos a mellorar cada unha das nosas 14 parroquias”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X