Concello de Vimianzo
13 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-11-2024

O Concello saca a licitación da obra de humanización da rúa Castelao

O Concello de Vimianzo vén de sacar a licitación da execución do proxecto de humanización e mellora urbana no primeiro tramo da rúa Castelao e fronte da praza do Concello.

A actuación, que conta cun orzamento de execución de 285.000 euros, inclúe a repavimentación da zona que dá fronte ao Concello e comezo á rúa Castelao. Con estes traballos búscase dar un aspecto de unidade ao conxunto cun acabado de formigón na zona de vehículos e aumentando as zonas peonís. Deste xeito, quedaría todo nunha única plataforma, convertendo esta área nunha zona peonil para pasear. Incorporaranse tamén vexetación e pequenas zonas verdes.

O pavimento da zona para vehículos será de lousa de formigón, cun eixo central de adoquín. Este material será tamén o que separe o carril da zona peonil, cuxo pavimento será de lousa de granito no caso da rúa Castelao e de baldosa con acabado granallado na rúa Vázquez Mouzo. Os catro pasos de peóns non sufrirán modificacións, manténdose nos mesmos lugares que na actualidade.

Os traballos inclúen tamén a instalación de pluviais, previa ao pavimentado, construíndose a rede de evacuación dos mesmos a ambos lados da vía e conectando os embornais con rexiña de protección e tubaxe para empalmar coa rede de evacuación localizados na rigola. Isto suporá a separación das augas pluviais e fecais, que na actualidade transcorrían pola mesma liña. Tamén se realizará unha nova rede de saneamento que manterá o mesmo trazado que a actual, xa que a existente está en mal estado.

Tamén se vai adaptar e mover algunha das luminarias da rúa que dá fronte ao concello, mentres que na rúa Castelo colocarase iluminación suspendida. Instalarase tamén a canalización da electricidade e telecomunicacións para o seu futuro soterramento.

Por último, realizarase tamén o recrecido e adaptación de todas as arquetas e bocas dos outros servizos existentes para adaptalas a rasante da vía resultante das obras. Tamén se mellorará o mobiliario urbano.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 de decembro.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou que se trata “da primeira fase dunhas obras de gran importancia para Vimianzo. Iremos adaptándonos aos cambios que poidan xurdir e sempre respectando as necesidades e prioridades dos nosos veciños e veciñas” e definiu os traballos como “esenciais para aumentar a seguridade no núcleo urbano. O peón será o gran protagonista desta actuación, e a súa comodidade e seguridade son as nosas grandes prioridades. Ademais, tamén aproveitaremos para seguir potenciando as zonas verdes, que tanto ben fan á saúde da nosa comunidade”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X