Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo colaborará, un ano máis, con Cáritas e Cruz Vermella para celebrar a tradicional Gala Solidaria de Nadal, que este ano será presentada por Fran Cañotas.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, a directora de Cáritas, Carmen Vázquez, e o secretario de Cruz Vermella, Ricardo Manuel, asinaron a colaboración.
O evento terá lugar o domingo 15 de decembro na Casa da Cultura, a partir das 17:00 horas. Coma en anos anteriores, durante a celebración terán lugar varias actuacións musicais cos grupos da escola municipal. Realizarase tamén un gran sorteo de agasallos que incluirá algunha sorpresa e ao remate haberá unha gran chocolatada para todas as persoas asistentes.
Todas as persoas que desexen poñer o seu grao de area poderán adquirir as súas rifas, que terán o prezo dun euro, e as entradas, que custarán 5 euros, en Cáritas, Cruz Vermella ou na Casa da Cultura o propio día da gala. Ademais, habilitarase unha ‘Fila 0’ para aquelas persoas que non poidan asistir ao evento pero que desexen colaborar.
Tamén se pode colaborar economicamente facendo unha doazón no número de conta ES51 2080 0082 4130 0007 3452 de ABANCA. Aquelas persoas que desexen solicitar un certificado de doazón poderao facer antes do 31 de decembro.
Para máis información, pódese contactar a través de: Cruz Vermella no 981 717 136, Cáritas no 686 050 585 ou Servizos Sociais no 981 707 426.
Desde o Concello animan a toda a veciñanza a participar nesta xornada tan especial e mostrar, unha vez máis, o lado máis solidario dos vimianceses e vimiancesas.