Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-11-2024

Vimianzo conmemora o 25N ensinando ás crianzas a dis-tinguir o maltrato

O Concello de Vimianzo conmemora o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, ensinando ás crianzas dos centros educativos da localidade a dis-tinguir o maltrato.

A actividade desenvolverase o propio 25 de novembro, de 11:00 a 13:00 horas, na Praza do Concello. Alí, rapaces e rapazas pintarán a súa propia camiseta contra a violencia de xénero. Poderán empregar todo tipo de cores e materiais, tinguindo a súa camiseta de mensaxes que reivindiquen a necesidade de acabar coa violencia contra as mulleres.

Deste xeito, tal e como explica a concelleira de Benestar Social, María José Pose, “o noso obxectivo é que os rapaces e rapazas distingan a violencia machista e
saiban detectar comportamentos de malos tratos” e destacou a importancia “de achegar estes temas ás novas xeracións. Eles son o futuro e é de vital importancia que recoñezan estes comportamentos que acaban coa vida de moitas mulleres ao longo do ano”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X