18-06-2012
Varias xeracións de cesteiros xuntáronse na Casa da Cultura
Os participantes dos obradoiros de cestería impartidos nas parroquias de Berdoias, Carnés, Salto e Vimianzo reuníronse o sábado pola tarde na Casa da Cultura para compartir experiencias e aprendizaxes e incluso aproveitaron para remtar algún traballo que tiñan pendente e aproveitaron para seguiren aprendendo os segredos da cestería.
Varias xeracións de novos cesteiros e cesteiras estaban reunidos na Casa da Cultura, xa que se o encontro de cesteiros comezaba ás cinco da tarde, unha hora antes impartíase un obradoiro de cestería infantil para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. Un total de quince nenos e nenas que durante unha hora e media puideron aprender un pouquiño das habilidades dos cesteiros e levar un pequeno cesto realizado por eles mesmos para as súas casas.