Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-11-2024

Rematadas as obras de mellora no viario de Romar, na parroquia de Berdoias

O Concello de Vimianzo vén de rematar as obras de mellora no viario do lugar de Romar, na parroquia de Berdoias.

A actuación, que contou cun orzamento de 136.826 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña 2023, incluíu a pavimentación con formigón de mallazo nunha superficie de 1870 metros cadrados.

Ademais, de maneira previa, levouse a cabo a canalización para a recollida de pluviais e a instalación de 14 arquetas con sumidoiro e tres pozos.

Os traballos completáronse coa execución de dous muros de granito rematados cunha varanda metálica. Co obxectivo de mellorar a circulación dos vehículos no interior do núcleo e aumentar a seguridade neste punto, ampliouse o ancho da vía. Tamén se procedeu á correspondente sinalización vertical do lugar.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, apuntou que este é “un paso máis na mellora do noso rural, que estamos a dotar de infraestruturas de calidade que contribúan ao benestar dos seus habitantes. Seguimos traballando para aumentar a seguridade viaria e aumentar as conexións entre os diferentes puntos do noso municipio”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X