Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A Sala de Conferencias da Casa da Cultura acollerá o próximo luns, 18 de novembro, ás 17:00 horas, o faladoiro sobre xénero e saúde mental ‘As Discordantes’, promovido pola Deputación da Coruña.
Este ciclo pretende abrir un espazo de debate e reflexión arredor destes eidos coa participación da xornalista e integrante de Xornalistas Galegas Ana G. Liste, a psicóloga clínica e activista en saúde mental Rosa Cerqueiro e a escritora Antía Yáñez. As tres ofrecerán as súas visións e experiencias no ámbito da comunicación, a saúde e a literatura.
O obxectivo deste faladoiro, que percorrerá outros 6 puntos da provincia da Coruña, é ofrecer un ámbito de información e escoita activa aos e ás asistentes, sen caer na estigmatización destes temas.