Concello de Vimianzo
5 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-10-2024

Vimianzo presenta un receitario con pratos típicos de Cereixo

Vimianzo presenta un receitario con pratos típicos de Cereixo que forma parte do proxecto ‘Miradoiro Ría de Cereixo, Interpretación do Mar’, impulsado polo Concello e subvencionado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e Acuicultura (FEMPA) e da Xunta de Galicia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).

Na peza recóllense pratos característicos da localidade, algúns interpretados por restaurantes do municipio e outros na súa versión orixinal.

Neste sentido, O Lagar de Manuela presenta a súa receita de ‘Robaliza á prancha con salsa de Codium’; A Casa de Canle explica como realizar os seus ‘Mexillóns en escabeche suave’ e ‘Sopa de millo con mexillóns en escabeche suave’; a Parrillada Montevideo fixo a súa versión de ‘Polbo á brasa sobre parmentier de pataca e allada’; Casa Sabina de ‘Chipiróns recheos’, a Pensión Santos de ‘Cazola de gambas con polbo’ e Vía rápida dunha ‘Pescada en cazola’.

No que respecta ás receitas tradicionais, recompiladas polas técnicas de Turismo e de Administración Local, Mariví Amigo e Rosa Sánchez, preséntanse os pasos para elaborar a empanada de toros de peixe e a de mexillón de dous pisos, a fabada de congro, as ameixas á mariñeira, a caldeirada de bacallau e o polbo á feira.

A conexión de Cereixo co mar

Na costa de Cereixo e na desembocadura do río Grande créase un lugar privilexiado. Alí levouse a cabo a construción dun miradoiro que goza dunha panorámica única, contemplándose os territorios pertencentes aos concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas e uns espazos naturais excepcionais.

Desde este lugar pódese apreciar un dos fenómenos máis especiais da ría de Porto: a transición entre a auga doce do río Grande e a salgada do mar, pertencente á ría de Camariñas.

Con esta iniciativa proponse poñer en valor a zona costeira de Cereixo e arredores, promovendo así para a veciñanza e visitantes unha iniciativa natural e patrimonial centrada na cultura marítima-pesqueira.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, asegurou que é todo un orgullo poder presentar este libro, que “rende homenaxe ás raíces gastronómicas de Cereixo, que foron transmitidas de xeración en xeración e que forman parte da nosa historia”.

Neste sentido, explicou que as páxinas deste volume “mostran a irrompible conexión de Cereixo co mar e poñen en valor a súa materia prima. É unha forma moi emotiva de manter presentes as nosas tradicións gastronómicas”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X