Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A área de Benestar Social do Concello de Vimianzo impulsou unha viaxe a Torremolinos na que participan preto dun centenar de persoas do municipio.
Esta mañá, 23 de outubro, foron despedidos pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, antes de dar comezo a esta saída destinada a maiores de 55 anos.
Nos próximos días realizarán múltiples actividades para coñecer os recunchos da Costa do Sol.
Acompáñaos a concelleira de Benestar Social, María José Pose.