Concello de Vimianzo
5 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-10-2024

O Castelo acolle a presentación da guía de viaxe ‘Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña’

O Castelo de Vimianzo acolleu na xornada de hoxe, 22 de outubro, a presentación da guía de viaxe ‘Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña’, editada pola Deputación da Coruña.

No acto participou a alcaldesa, Mónica Rodríguez, o deputado de Patrimonio, Xosé Penas, e Maite Vence, coordinadora do proxecto e directora de Observer Science Tourism.

A obra fai un percorrido histórico por “trece marabillas” da provincia, dando a coñecer o patrimonio arquitectónico e cultural da mesma. Trátase de: o propio Castelo de Vimianzo, as Torres de Altamira, o mosteiro de San Xoan de Caaveiro, as Torres do Allo, os Batáns de Mosquetín, o Pazo do Mariñán, o Teatro Colón, o Ecomuseo Forno do Forte, o Centro de interpretación da natureza, o Centro etnográfico de Teixeiro e os dolmens de Axeitos, Cabaleiros e Dombate. Ademais, esta guía amplía o coñecemento sobre estes lugares, para descubrir en profundidade a historia da Coruña contada desde os seus monumentos.

Complétase tamén coa narración de diferentes experiencias asombrosas, con fotografías atraentes, curiosidades e informacións imprescindibles para todas aquelas persoas en achegarse ata aquí.

Co obxectivo de dar a coñecer en profundidade a provincia, nesta peza tamén se plasman outros puntos de interese próximos, con suxestións para preparar a mellor viaxe posible.

Durante a súa intervención, a rexedora quixo agradecer que a Deputación “escollera este marabilloso espazo para facer a presentación dun acto tan relevante. O noso Castelo é o faro que nos ilumina, testemuña da nosa historia e símbolo da nosa identidade”, así como unha parte “fundamental do patrimonio da nosa provincia”.

Ademais, definiu esta guía como “unha peza ideal, que nos permite mergullarnos na tradición, na historia e en todos os aspectos que conforman a nosa contorna. Unha ferramenta ideal para comprender e valorar aínda máis o que temos”.

Pola súa parte, Penas fixo referencia a que “non falamos dunha guía de viaxe ao uso, pois esta publicación fala de tradicións, de historia, de lendas, de formas de vivir e relacionarse co territorio, de cultura, de maneiras de viaxar, de rutas, de accesibilidade e de coordenadas, sen perder de vista a importancia que o patrimonio ten para o turismo”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X