Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo presentou na xornada de hoxe, 22 de outubro, unha nova edición das ‘Xornadas Micolóxicas’, en colaboración coa Peña Barcelonista Irmandiña. As sesións serán dirixidas polo experto micolóxico Manuel Pose Carracedo.
Celebraranse a fin de semana do 16 e 17 de novembro de 2024 e inclúen diferentes actividades. O primeiro día, sábado 16, será unha sesión teórica sobre esta materia. Terá lugar de 10:30 a 13.00 horas na Casa da Cultura.
Xa o domingo, día 17, realizarase, de 10:00 a 13:00 horas, unha recolleita de cogomelos. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para esta actividade, así como unha cesta e unha navalla. Posteriormente, na Casa da Cultura realizarase, ata as 14:00 horas, a clasificación e degustación da colleita.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas deben inscribirse previamente a través da web municipal ou do código QR habilitado.