Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-10-2024

A Casa da Cultura acollerá un stand de ciberseguridade os días 22 e 23 de outubro

A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá, en colaboración co INCIBE, un stand de ciberseguridade os días 22 e 23 de outubro.

O posto, que é itinerante e que se traslada por todo o territorio nacional, estará aberto a todo o público en horario de tarde, de 16:00 a 19:00 horas. En horario de mañá, o espazo está contemplado para a participación de varios centros educativos da contorna.

Este stand contará con varias zonas na que se expoñerá o tema da ciberseguridade. Estes espazos son: un informativo, outro demostrativo e de capacitación e outro de gamificación, que teñen o obxectivo común de achegar e concienciar á cidadanía o concepto de ciberseguridade.

Concretamente, na zona informativa a experiencia comeza co traslado da información sobre as diferentes experiencias. As persoas asistentes poderán atopar toda a información que requiran sobre as diferentes actividades desta caseta, dándose a coñecer tamén o INCIBE.

Na zona demostrativa e de capacitación levaranse a cabo a demostracións e impartiranse pílulas informativas, obradoiros e presentacións de capacitación.

Por último, a zona de gamificación servirá para poñer en práctica os coñecementos de forma individual ou colectiva en modo competición, virtual e lúdica a través de xogos en liña.

Deste xeito, as persoas asistentes poderán adquirir e/ou ampliar coñecementos sobre ciberseguridade, dunha forma interactiva, a través de xogos en liña ou serious games, e tamén mediante a escoita de pílulas informativas que se impartirán durante a sesión.

É todo un orgullo que desde o INCIBE escolleran Vimianzo, un municipio pequeno e rural, como unha das paradas desta iniciativa. Somos conscientes da importancia de trasladar estes conceptos á cidadanía, desde os máis pequenos ata os adultos, polo que animamos a todas as persoas que queiran a achegarse.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X