Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo pecha o mes de outubro celebrando o Samaín cunha gran festa para os máis pequenos e pequenas. Será o xoves, 31 de outubro, de 16:30 a 19:30 horas, na Casa da Cultura.
A xornada está dirixida a crianzas de entre 3 a 12 anos e incluirá taller de pintacaras, creatividades, animación e túnel do terror.
Trátase dunha actividade para que a rapazada coñeza a historia desta celebración tan típica en Galicia dun xeito dinámico e divertido, con diferentes actividades programadas especificamente con este obxectivo.
As persoas que queiran participar, que poderán asistir cos seus disfraces máis terroríficos, deben inscribirse de maneira presencial na Casa da Cultura, ata o vindeiro 29 de outubro.