Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Rematadas as obras de renovación integral da rúa Pontenova, do treito urbano desde a AC-552 a Codeseiras.
Os traballos incluíron a renovación do firme da calzada, así como a execución de novas luminarias e a creación dunha rotonda. Ademais, colocáronse novos elementos de sinalización, tanto verticais como horizontais.
Deste xeito, mellórase a circulación nesta vía, incrementando a seguridade viaria e peonil, coa creación de sendas a ambos os lados e novos lugares de aparcamento.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, subliñou a relevancia destes traballos, que “responden a unha demanda da veciñanza e permiten a reordenación do tráfico nunha vía moi concorrida".