Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-10-2024

Vimianzo posiciónase como destino astroturístico no VII Encontro Internacional Starlight

A alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a técnica de Cultura e monitora astroturística Starlight na Costa da Morte, Nieves Lema, estiveron presentes ao longo destes días na II Conferencia Internacional Starlight de Astroturismo, que este ano foi celebrada en Cee.

Durante a xornada inaugural, Lema puido presentar ás persoas asistentes as múltiples propostas e actividades impulsadas desde o Concello para a promoción do astroturismo, entre as que destacou as xornadas de observación de estrelas ou o campamento VimiAstronomía.

Durante a súa intervención destacou que “levamos anos traballando para achegar o noso ceo aos nosos veciños e veciñas para que todos e todas poidan coñecer os grandes segredos que agocha e converterse, así, nos embaixadores que mostran ese lenzo infinito que temos sobre nós aos visitantes”.

Durante estas xornadas, ademais, Rodríguez e Lema mantiveron un encontro con Antonia Varela, directora da Fundación Starlight, entidade organizadora do evento, con quen abordaron diferentes actuacións a realizar nun futuro próximo e fixaron as pautas a seguir nas mesmas. Nesta liña, o obxectivo é buscar alianzas e crear unha gran rede para visibilizr o ceo no destino Costa da Morte Starlight.

A rexedora mostrou o orgullo de “poder estar aquí, dando a coñecer o ceo de Vimianzo ante tantos profesionais especializados neste sector, aprender deles e intercambiar as nosas experiencias e opinións” e adiantou que “seguiremos traballando e esforzándonos para posicionar Vimianzo como destino Starlight”.

“Nestes días tivemos a ocasión de dialogar e de mostrar o noso punto de vista, pero tamén de escoitar e aprender de grandes expertos neste sector”, asegurou. Ademais, “aproveitamos a ocasión para presentar e idear futuras actuacións, centradas especialmente en visibilizar e dar a coñecer eses puntos tan significativos para a observación do ceo” e adiantou que nas próximas semanas “poderemos facelo xa desde un lugar único, o miradoiro de Cereixo, unha construción que nos permitirá observar a grandeza do noso ceo sobre nós mentres temos a inmensidade da ría aos nosos pés”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X