Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-10-2024

O Concello abre o prazo de inscricións para participar na andaina ‘Noite de petros’

O Concello de Vimianzo abre o prazo de inscricións para participar na andaina ‘Noite de petros’, unha actividade que ten como obxectivo achegar á veciñanza a historia destes elementos que forman parte do patrimonio do municipio.

Durante o paseo, que terá lugar o vindeiro 18 de outubro, farase unha visita a catro estacións de petróglifos: as dúas do Pedrouzo, en Berdoias, e as dúas de Boallo. Ademais, realizarase tamén unha pequena andaina circular de 2,6 quilómetros.

Para realizar a actividade, que estará guiada por persoal especializado do Colectivo A Rula, recoméndase levar roupa e calzado axeitado para camiños montañosos. Tamén é imprescindible levar unha lanterna, que permitirá ás persoas participantes contemplar con todo luxo de detalles os gravados.

O desprazamento ata Berdoias farase en autobús, que sairá desde a praza do Concello ás 21:00 horas.

As inscricións pódense formalizar ata o 16 de outubro ou ata completar as prazas dispoñibles a través da ligazón.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X