Concello de Vimianzo
8 de setembro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

30-09-2024

O Concello organiza unha ruta consciente e interpretada para camiñar cara ao mar en Cereixo

O Concello de Vimianzo organiza a ruta consciente e interpretada ‘Camiñando cara ao mar en Cereixo’ para poñer en valor o espazo polo que discorre.

A actividade terá lugar este xoves, 3 de outubro, ás 16:00 horas. O punto de partida será Cereixo, a carón do antigo estaleiro, desde o cal comezará un roteiro que estará enfocado no fomento da participación das mulleres e na creación da conciencia dese fío que crea lazos de comunidade.

Durante o percorrido, que forma parte da ruta 6 do Camiño dos Faros, están previstas varias paradas que teñen por obxectivo provocar a reflexión nas persoas participantes, creando memoria colectiva e relacionando os contidos coa conservación, recuperación e posta en valor de elementos ambientais do mar.

A primeira parada será preto do embarcadoiro e alí coñecerase a flora e a fauna da ría e farase unha comparativa do pasado e presente do lugar. A seguinte será no Muíño das Mareas, onde se explicará a enerxía da auga e a alimentación da poboación. Seguindo a ruta, a terceira parada será a Igrexa de Santiago, na que se comentará a tradición xacobea e os distintos camiños no mar. Por último, no afluente do Porto/Grande explicarase a evolución da comunidade humana e o papel da emigración na sociedade.

A iniciativa está enmarcada no proxecto ‘Mareas. Senda a Muíño de Mareas de Cereixo e miradoiro do Forno do Sapo’, concedido polo GALP Costa da Morte, co que se pretende facilitar o acceso a este lugar e crear unha zona de estancia.

O obxectivo é por en valor a contorna e potenciar a relación de Cereixo co mar, materializando un paseo sostible e acorde coa natureza, que serve como itinerario relacionado co propio paseo de Cereixo.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X