Concello de Vimianzo
16 de outubro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-09-2024

Vimianzo foi elixido como destino turístico durante a tempada estival por máis de 23.000 persoas

Vimianzo foi elixido como destino turístico por un total de 23.132 persoas durante os meses de verán, na tempada comprendida entre o 14 de xuño e o 15 de setembro. O Castelo de Vimianzo foi o emprazamento que tivo maior demanda, sendo o epicentro da actividade cultural do verán vimiancés. Un espazo que foi elixido, xunto con Cereixo, para a celebración de varios casamentos.


Neste emblemático espazo desenvolvéronse actividades de exaltación da artesanía galega, con obradoiros cada sábado onde as persoas asistentes puideron coñecer de primeira man como facer unha peza de olería de Buño, barcos de madeira ou como traballar o liño.

As visitas teatralizadas foron unha das actividades máis demandadas, con 1789 persoas asistentes. Os obradoiros tiveron unha participación tamén máis elevada ca o pasado ano, con 198 persoas. As visitas guiadas impulsadas desde o departamento de Turismo da Administración local contaron con 1294 visitantes durante a etapa sinalada, con especial fincapé no Castro das Barreiras, no dolmen de Pedra Cuberta e nos Muíños e Batáns do Mosquetín.

Os sábados foron días adicados tanto a obradoiros de artesanía como a sendeirismo, con tremendo éxito de convocatoria, completando sempre os grupos co máximo de visitantes permitido pola inscrición.

O balance que se fai desde o Consistorio vimiancés é “tremendamente satisfactorio, e reflicte que Vimianzo é un dos puntos de maior relevancia de toda a Costa da Morte”, á vez que resaltan “a forte aposta pola cultura e tradición populares nun compendio de actividades que tivo o Castelo como punto primordial pero que abrangueu tamén puntos destacados como o Castro das Barreiras, os Batáns ou as novas rutas de sendeirismo para coñecer todos os recunchos do noso municipio, que son moi variados e moi ricos culturalmente e tamén en biodiversidade”.

A concelleira de Turismo, Beatriz Pazos, quixo agradecer “dunha maneira especial a todas as persoas que integran os equipo da área de Turismo e de Cultura do Concello de Vimianzo, con Mariví Amigo e Nieves Lema á cabeza, quenes se encargaron de todas as visitas guiadas e programación cultural nestes tres meses, traballadoras e traballadores municipais implicados nun contexto que hoxe, con estas cifras que expoñemos, ten os seus merecidos froitos”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
13
14
15
16
17
19
20
21
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X