Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-09-2024

O Concello e Fundación Mujeres poñen en marcha o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural (SAIC)

O Concello de Vimianzo e a Fundación Mujeres van poñer en marcha o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural (SAIC) co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres do municipio que son coidadoras non profesionais de persoas con dependencia.

O servizo, que será de balde, vaise prestar os venres desde o día 4 de outubro até o  29 de novembro, en horario de 10:30 a 12:30 horas, na segunda planta do Concello de Vimianzo.

O programa de talleres abordará a xestión emocional desenvolvendo estratexias para identificar, expresar e xestionar as emocións de maneira saudable. Traballarase tamén a xestión da culpa, abordando nas claves para aprender a xestionala. Outra das cuestións que se tratará será o fomento da autoestima, potenciando o empoderamento persoal para aprender a poñer límites, dando as ferramentas para dicir non ante demandas excesivas.

Tal e como sinala o IV Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Vimianzo (2022-2026), os coidados de persoas dependentes seguen recaendo maioritariamente nas mulleres. Este repartimento desigual perpetúa os roles de xénero no municipio, aos que é necesario facer fronte.

Aquelas mulleres que queiran participar ou obter máis información poderán facelo a través dos seguintes números de teléfono: 981 70 74 26 ou 981 70 75 64 ou a través do correo electrónico servizos.sociais@vimianzo.gal, sendo a data límite de inscrición o día 30 de setembro.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X