Concello de Vimianzo
16 de outubro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-09-2024

O Concello presenta unha nova edición do programa ‘Actívate’ para maiores de 60 anos

O Concello de Vimianzo presentou esta mañá unha nova edición do programa ‘Actívate’ para persoas maiores de 60 anos. Desenvolverase desde o 1 de outubro de 2024 ata o 31 de maio de 2025 en Baíñas, Bamiro, Berdoias, Caio, Cambeda, Carantoña, Carnés, Castrelo, Cereixo, Cures, Salto, Serramo, Tines, Treos e Vimianzo. Para formarse grupo deberá haber un mínimo de 10 persoas inscritas e acudindo regularmente.

O principal obxectivo desta iniciativa é que as persoas participantes se manteñan activas mental e fisicamente. Para iso, levarán a cabo actividades cognitivas nas que se traballe a memoria, o cálculo, a atención, a orientación ou o razoamento, entre outros. Así mesmo, tamén se levarán a cabo actividades de saúde física, xogos tradicionais, risoterapia e compañeirismo.

As inscricións pódense formalizar de maneira presencial no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 707 426, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A actividade, que será impartida polo psicólogo municipal, Sergio Trillo, non terá ningún tipo de custe para as persoas empadroadas no Concello de Vimianzo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
13
14
15
16
17
19
20
21
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X