Concello de Vimianzo
16 de outubro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-09-2024

Vimianzo actívase para darlle a benvida ao curso escolar 2024-2025

O Concello de Vimianzo deu a coñecer hoxe o programa ‘Actívate’, no que se enmarcan as actividades das escolas deportivas e culturais para este curso 2024-2025.

As escolas deportivas inclúen múltiples variedades, entre as que se atopan: fútbol sala, pequemotricidade, tiro con arco, taekwondo, atletismo, escola multideportiva, tenis de mesa, patinaxe artística, ioga, pilates, aerobic e actividade física para maiores.

No que respecta ás escolas culturais, inclúen: música contemporánea e música tradicional, baile tradicional, arte (debuxo e pintura), panillo, ludoteca, teatro, uso de móbil básico ou avanzado, mecanografía, ofimática e tecnoloxías innovadoras.

As preinscricións poderán realizarse desde mañá, venres 13 de setembro, ata o luns 23 deste mesmo mes, ás 14:00 horas. Pódese formalizar na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou de maneira telemática.

Haberá límite de prazas en todas as actividades e cada persoa poderá inscribirse nun máximo de 5. Terán preferencia as persoas empadroadas e, en caso de que se superen as prazas ofertadas, farase un sorteo público entre as prescricións o martes 24 de setembro na Sala de Conferencias da Casa da Cultura.

Unha vez pechado este prazo poderase formalizar a matrícula. Poderase facer desde o día 25 de setembro ata o 2 de outubro na Casa da Cultura. Aquelas persoas que non cumpran con este prazo non poderán comezar as actividades ata o día 14.

Para formar grupo deberá haber un mínimo de 12 persoas inscritas empadroadas, agás aquelas actividades nas que se especifique o contrario. Se a asistencia ás actividades é inferior a 8 persoas de xeito reiterado, estas serán canceladas.

Ademais, todas as persoas que teñan máis de 4 faltas de asistencia serán dadas de baixa automaticamente.

Os horarios programados para as actividades poden sufrir modificacións.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
13
14
15
16
17
19
20
21
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X