Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo clausura o vindeiro venres, 13 de setembro, o programa de verán ‘Artesanía Viva’ cunha viaxe pola historia do liño.
Farao no Castelo, da man da Asociación Amigos do Liño, quen fiará ao longo do tempo para coñecer as primeiras mestras do fuso e a roca.
Un material co que se traballa desde hai máis de 30.000 anos e ao que envolve unha maxia particular, xa que está rodeado deses seres ancestrais tan achegadas ás artes do mundo téxtil e do que poderemos coñecer todos os segredos.
Este obradoiro tan especial dará comezo a partir das 17:00 horas en formato de relatorio, con figurantes que trazarán un percorrido pola identidade, as lendas e a mitoloxía da Costa da Morte.
A arte nas mans
Ao longo desta tempada estival, o programa achegou á cidadanía diferentes modalidades artísticas e distintos materiais como o coiro, o barro, o liño, o vidro, panillos coa asociación As Nemanquiñas do municipio, etc.
Durante estes obradoiros, as persoas participantes puideron aprender e experimentar eles mesmos, coas súas mans, a traballar e manipular estes materiais.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, manifestou que esta é “unha iniciativa que xa está consolidada no noso municipio e que cada verán achega á nosa cidadanía diferentes materiais e disciplinas artísticas que, dun xeito ou outro, forman parte da nosa identidade como pobo”.