Concello de Vimianzo
1 de setembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Axudas e concesións

30-08-2024

Subvencións para entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de investimentos de promoción económica durante o ano 2024

Publicada a convocatoria de axudas da Deputación de A Coruña subvencións para entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de investimentos de promoción económica durante o ano 2024.

Obxecto: o obxecto da presente convocatoria destinarase á realización de investimentos tendentes a dinamizar a participación, estimular a cohesión social, potenciar as condutas cívicas, favorecer a integración, loitar contra o despoboamento rural, así como mellorar a calidade de vida das persoas, por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos seguintes ámbitos:

a. Asociacións veciñais: Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como: Saneamento, abastecemento de auga; acondicionamento de camiños; iluminación pública; reforma e mellora de inmobles da súa titularidade; adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas; adquisición de mobiliario ou equipamento informático, etc.
b. Asociacións de mulleres: Reforma e mellora de mellora de inmobles da súa titularidade; adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas; adquisición de mobiliario ou equipamento informático; compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade, etc.
c. Comunidades usuarios de augas: Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal relativas ao saneamento e abastecemento de auga

Prazo de solicitude: pendente de abrir.

BASES e SOLICITUDE na seguinte ligazón: convocatoria

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X