Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Publicada a convocatoria de axudas da Deputación de A Coruña subvencións para entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de investimentos de promoción económica durante o ano 2024.
Obxecto: O obxecto da presente convocatoria destinarase á realización de investimentos tendentes a dinamizar a participación, estimular a cohesión social, potenciar as condutas cívicas, favorecer a integración, loitar contra o despoboamento rural, así como mellorar a calidade de vida das persoas, por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos seguintes ámbitos:
a. Asociacións veciñais: Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como: Saneamento, abastecemento de auga; acondicionamento de camiños; iluminación pública; reforma e mellora de inmobles da súa titularidade; adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas; adquisición de mobiliario ou equipamento informático, etc.
b. Asociacións de mulleres: Reforma e mellora de mellora de inmobles da súa titularidade; adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas; adquisición de mobiliario ou equipamento informático; compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade, etc.
c. Comunidades usuarios de augas: Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal relativas ao saneamento e abastecemento de auga
Prazo de solicitude: pendente de abrir.
BASES e SOLICITUDE na seguinte ligazón: convocatoria