Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo mantén o seu compromiso coas melloras no rural e proxecta dúas novas actuacións co obxectivo de renovar e mellorar a rede viaria existente. Deste xeito, facilitarase a accesibilidade e o tráfico de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade nas operacións.
Os traballos realizaranse no viario municipal de Cuadra a Bouza, na parroquia de Baíñas, e no de Tines a Vilar. Contarán cun orzamento de 89.894,92 euros, cofinanciado con cargo ao Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024.
As obras, que actualmente están en proceso de licitación e contan cun prazo de execución aproximado de seis meses, supoñen un reforzo do firme existente e a incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodada que soportan a diario.
Por unha banda, os traballos de mellora no viario municipal de Cuadra a Bouza inclúen a pavimentación con pedra e formigón, xa que na actualidade este treito está en zahorra, sendo un firme insuficiente para o tráfico de vehículos de gran tonelaxe que por el circulan a diario. É unha zona que dá acceso a parcelas e instalacións agrícolas, polo que precisa dunha mellora que incremente a capacidade portante. A actuación completarase coa colocación dunha sinal de STOP.
Pola outra banda, no que respecta ás melloras no viario municipal de Tines a Vilar, e do mesmo xeito que no caso anterior, faise necesario incrementar a súa capacidade portante, polo que se procederá á limpeza de gabias en ambas marxes e á mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e ao rego de selado de toda a plataforma.O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destacou que se trata “dunha nova actuación que confirma a aposta por mellorar os camiños do noso rural” e asegurou que estes traballos “suporán unha mellora moi importante nos accesos ás explotacións agrarias e facilitarán o tráfico de vehículos, tanto pesados como turismos, incrementando a seguridade viaria destes lugares”.