Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo renovará o alumeado público no parque empresarial do municipio cun investimento de 65.557,46 euros, o que suporá unha importante mellora no nivel de iluminación ao mesmo tempo que se reduce o consumo eléctrico.
Actualmente, este espazo conta con 105 lámpadas de haloxenuros metálicos de 100 W que serán renovados na súa totalidade, retirando as luminarias existentes e instalando outros tantos puntos de luz LED de 52 W, o que suporá un importante aforro no consumo de enerxía con respecto á situación actual.
Trátase dunha óptica optimizada para o alumeado viario e con dispositivos de control electrónico e de protección independente con acceso individual. Ademais, a temperatura de cor será de 3.000 K, adaptándose, deste xeito “á estética da luminaria de todo o municipio, coa mesma tonalidade e o mesmo tipo de alumeado nas diferentes zonas de iluminación pública”, asegurou o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez.
O edil destacou que con estes traballos “aumentaranse as condicións de luminosidade na zona, mellorándose o rendemento lumínico ao mesmo tempo que se reduce o consumo eléctrico. Ademais, tamén son focos que, polas súas características, son moito máis respectuosas co medio ambiente”.
Pola súa parte, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que se trata dunha actuación que suporá un “aforro enerxético moi importante con respecto á situación actual. Ademais, é unha obra que supón un impulso ao parque empresarial, mellorando a seguridade e a estética do mesmo”.
Dadas as características das obras, as mesmas contan cun período de realización de tres meses.