Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo continúa promovendo e dando a coñecer o seu valor patrimonial con visitas guiadas aos diferentes enclaves do municipio que se levarán a cabo ata o vindeiro 15 de setembro.
As visitas ao Castelo realizaranse de martes a venres, ás 11:00 e ás 19:00 horas; os sábados ás 17:00 e ás 19:00 horas; e o domingo ás 19:00 horas. Tamén na fortaleza, os domingos realízanse visitas teatralizadas en dúas sesións, unha de mañá, ás 12:00 horas, e outra de tarde, ás 17:00 horas.
No que respecta aos demais lugares, serán: aos Batáns e Muíños do Mosquetín, de martes a venres, ás 12:30 e ás 17:30 horas; ao dolmen de Pedra Cuberta, os mércores ás 16:00 horas; ao Castro das Barreiras os xoves ás 16:00 horas; e ao porto de Cereixo, os venres ás 16:00 horas.
Todas as actividades son completamente gratuítas e requiren de inscrición previa, xa que as prazas son limitadas. Pódense formalizar a través da ligazón habilitada.Ademais, durante a tempada estival está tamén en marcha a mostra de artesanía en vivo, cun importante calendario de actividades ata o 13 de setembro; e a exposición ‘Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo’.