Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo aprobou hoxe, 31 de xullo, no pleno ordinario, por unanimidade, a aplicación da bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) en catro proxectos de interese industrial.
Así, poderán beneficiarse desta bonificación: as obras de construción de naves industriais en nove parcelas do parque empresarial. As obras de instalación de planta dosificadora de formigón, as obras de ampliación dunha empresa dedicada ao metal e as obras dunha futura gasolineira. Ademais, na mesma sesión, tamén se aprobou a bonificación de ICIO ás obras de ampliación dunha instalación gandeira situada en Reparada, na parroquia de Salto.
Deste xeito, o goberno local favorece a execución de catro proxectos que xerarán empregos no municipio e que fan que “Vimianzo continúe crecendo e avanzando, consolidando o seu parque empresarial coma un punto de referencia na comarca”, sinalou a alcaldesa, Mónica Rodríguez.
Durante a sesión aprobouse, tamén por unanimidade, a designación do 22 de xaneiro, San Vicenzo, e do 11 de agosto, festas patronais de Vimianzo, como festivos locais para o ano 2025.