Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo organiza unha nova actividade de observación astronómica guiada o vindeiro 19 de agosto.
Nesta ocasión, o astro observado será a lúa, que alcanzará a plenitude este día arredor das 21:00 horas, cando dará comezo a actividade no alto de San Bartolo, na parroquia de Salto. Este escenario presenta unhas condicións idóneas e forma parte da Rede de Miradoiros Estelares do Destino Starlight Costa da Morte.
Con esta iniciativa, o Concello pretende dar a coñecer e achegar a observación astronómica á cidadanía local e a visitantes da man de Begoña E. Brao e Antón P. Pérez, monitores do primeiro destino Starlight de Galicia, as Illas Cíes. Ademais, ámbolos dous realizaron un curso de formación na Costa da Morte.
Hai un límite de 150 prazas, polo que todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través da ligazón habilitada.Esta proposta dá continuidade ao ciclo de actividades realizadas co obxectivo de fomentar o astroturismo no municipio, xa que como sinala a alcaldesa, Mónica Rodríguez, “contamos cunha contorna marabillosa para a observación astronómica, polo que cobra especial interese achegar esta materia á poboación e aproveitar a gran oportunidade que nos brinda a nosa terra”.