Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-07-2024

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para as axudas para a celebración de festas parroquiais do 2024

Desde o 24 de xullo pódense solicitar as axudas para a celebración de festas parroquiais do ano 2024, convocadas polo Concello de Vimianzo co obxectivo de colaborar coas Comisións de Festas para a realización de festexos populares, tradicionais e/ou patronais de arraigo cultural ou gastronómicas xa consolidadas.

Deste xeito, o Concello pretende promocionar a celebración de festas populares, apoiando a organización dos programas festivos que realizan asociacións ou grupos de veciños, así como contribuír a preservar a tradición festiva.

As axudas están dirixidas a entidades xuridicamente constituídas que estean rexistradas no Concello de Vimianzo ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas ou colectivos constituídos coa finalidade de levar a cabo o obxecto da convocatoria.

Para dito fin destínase un orzamento de 35.000 euros e o importe das axudas determinarase segundo o número de días festivos que se celebren e nos que se realice unha verbena ou concerto: a axuda será de 250 euros por cada día de festa e 300 euros para o servizo de limpeza do campo da festa.

As solicitudes pódense presentar na sede electrónica do Concello de Vimianzo e o prazo é de dous meses desde a publicación no BOP.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X