Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-07-2024

O remate das obras da DP-9203 supón “un antes e un despois” na seguridade viaria de Vimianzo

O remate das obras da DP-9203 supón “un antes e un despois” na seguridade viaria de Vimianzo

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitaron as obras que o ente provincial desenvolveu no vial que une Caxadas a Baíñas, mellorando a seguridade na estrada provincial DP-9203.

Os traballos, que contaron cun orzamento de 1.615.469,64 euros de obra, supoñen unha mellora considerable para a veciñanza. A intervención permitiu a construción dunha senda peonil de case dous quilómetros de lonxitude e mellorar o sinuoso trazado que presentaba a vía ao seu paso por Padreiro de Abaixo, con curvas perigosas que poñían en risco a seguridade dos condutores e condutoras.

Ademais, esta senda posibilita a mellora do tránsito peonil neste tramo, permitindo aos peóns estar separados da calzada e protexidos dos vehículos que circulen por ela. Rodríguez, agradeceu ao presidente provincial a súa implicación “no desenvolvemento dunha obra vital para Vimianzo, e nomeadamente para a veciñanza, que ve como a seguridade desta estrada aumenta de forma substancial”.

A rexedora insistiu no “papel fundamental da Deputación para completar unha das obras máis importantes da última década no noso Concello, un arranxo que suporá un antes e un despois na circulación por esta zona”, e quixo agradecer “a José Manuel Pequeño, o meu antecesor neste cargo, por todo o que fixo pola provincia, polos concellos da nosa contorna e, a título persoal, polo que me ensinou e o seu apoio”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, salientou que “para nós é un día tan importante como para vós, e quero agradecerlle aos veciños e veciñas o ter que soportar tantos anos de necesidade desta estrada; soportaron despois as obras e agora poden desfrutala de maneira segura”.

Acudiron tamén os concelleiros e concelleiras Miguel Ángel Pérez, de Obras; Víctor Muíño, de Medio Rural; Rosa Blanco, de Cultura; Mario Andújar, de Emprego e Formación; María José Pose, de Benestar Social; Josefa Campos, de Terceira Idade e Manuel Pose, de Ornato e Hostalaría, ademais de José Manuel Pequeño, quen fose alcalde de Dumbría e deputado de Vías e Obras, e José Manuel Rodríguez, do Partido Popular de Vimianzo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X