Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-06-2024

A Casa da Cultura acolle o I Foro Atlántico Empresarial

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu esta tarde o Foro Atlántico Empresarial, un espazo no que empresarios, técnicos e representantes das diferentes administracións públicas, puxeron en común a situación actual entorno aos parques empresariais dende esixencias ou requisitos necesarios ata axudas ás que se pode acceder. A importancia de xuntar todos estes datos nunha soa xornada foi o que motivou a Suelo Empresarial de Atlántico (SEA) a organizar este primeiro foro que se inaugurou en Vimianzo e que se trasladará a outros Concello sao longo dos próximos meses.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, foi a encargada de abrir o foro. Durante a súa intervención, a rexedora asegurou que se trata dun orgullo "que sexa Vimianzo o lugar no que se inaugura este foro", que define como unha oportunidade única "para escoitar a expertos neste eido, a autónomos, emprendedores e empresarios e coñecer as cuestións máis importantes sobre empresa, urbanismo e territorio, así como os beneficios de instalarse nun polígono empresarial".

Xunto a ela, Beatriz Sestayo, xerente de SEA, quen agradeceu ao Concello de Vimianzo a súa enorme hospitalidade e colaboración para facer posible este primeiro foro e a todos e todas as participantes, porque a esencia deste foro é “sumar coñecementos e experiencias para construír entre todas e todos máis prosperidade e emprego, ordenando o territorio e contribuíndo á fixar a poboación”.

Pola súa parte, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, reivindicou a importancia deste foro “que agardo que teña continuidade no futuro” e puxo en valor “o traballo de todos os emprendedores presentes, que sodes homes e mulleres que estades a construír modernidade e a transformar os vosos soños en realidade”. Asemade, Rivas detallou algunhas das iniciativas postas en marcha por parte do Goberno de cara á creación de emprego “estamos comprometidos coa modernización, coa adaptación, coa creación de emprego e, por suposto, a mellora das condicións laborais”.

Tras as súas intervencións, comezou a primeira mesa diálogo baixo o título de Empresa, Urbanismo e Territorio. José Rey Hermida, avogado e responsable comercial de SEA disertou sobre o dereito de superficie, unha modalidade que SEA desenvolve nos polígonos industriais que xestiona e que facilita aos empresarios a posibilidade de alugar con opción a compra as parcelas nos parques empresarias.

Rosa Ana Gacía, deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña falou sobre a administración local e a promoción económica do territorio. Para pechar esta mesa, a xornalista Olga Villar Becerra informou aos presentes sobre o bo uso da comunicación e as redes sociais na mellora da empresa.

Despois da quenda de preguntas, suxestións e dúbidas que abriu un diálogo entre empresarios e ponentes, iniciouse a segunda mesa, «Apoios á instalación de empresas en parque empresariais». Nela interviñeron José Manuel Fernández, subdirector de Asesoramento Empresarial e Oficina Económica do IGAPE. José Carlos Díaz, técnico de proxectos do Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña, que falaron sobre as axudas do IGAPE e do ente provincial ás empresas.

Outras ponencias desta mesa son: «Estratexias do GALP Costa da Morte. Axudas a empresas en parques empresariais», a cargo do xerente Guillermo González Díez; e «Estratexia do GDR Costa da Morte. Axudas a empresas en parques empresariais», impartida polo seu xerente, José Antonio Vila García.

O secretario xeral para o Reto Demográfico, Francesc Xavier Boya Alós, foi o encargado de clausurar o evento. Durante a súa intervención abordou a problemática á que está facendo fronte o medio rural e as medidas impulsadas desde o Ministerio: “por primera vez, se ha configurado una política de estado de lucha contra la desplobación, atajando los desequilibrios territoriales, asegurando el bienestar y la calidad de vida de los ciudadanos, y fomentando un modelo sostenible y equilibrado de desarrollo social y económico”.

Ademais, durante a súa intervención explicou o ‘Plan de 130 medidas frente al Reto Demográfico’, co que os pequenos municipios se incorporan á axenda de transformación do Plan de Recuperación, recibindo inversións que, no caso de Galicia, supuxeron 711 millóns de euros entre 2021 e 2023.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X