Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-06-2024

A artesanía en vivo volverá ser protagonista no Castelo de Vimianzo este verán

Un ano máis, o Castelo de Vimianzo será o escenario durante os meses de verán de diversos obradoiros de artesanía, un dos principais atractivos culturais e turísticos do municipio.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a técnica municipal desta área, Nieves Lema, reuníronse esta mañá cos artesáns e artesás que levarán a cabo os talleres e presentaron a programación para esta nova tempada.

En xullo haberá un total de tres obradoiros: o primeiro, o día 13, será da man da asociación ASPADEX e tratará encadernar e coser con coiro. O día 20 será a quenda do Obradoiro Lista co seu taller ‘Modela co barro’, co que achegarán a arte da olería de Buño. Por último, o xoves 27, a Asociación Palilleiras As Nemanquiñas ensinará como repenincan os panillos e daranlle a posibilidade de probar esta técnica ás persoas participantes.

As contas de vidro serán as protagonistas do primeiro taller do mes de agosto, que se celebrará o día 3, que contará con Esther Ferreiro ensinando como se realizan con soplete. O día 10 haberá unha nova oportunidade para aprender a panillar coa Asociación As Nemanquiñas, e o 17 para aprender a tecer o liño, nesta ocasión grazas á A.V. O Santiaguiño de Carreira. O día 24 será a oportunidade para coñecer a técnica de trenzar palla, unha especialidade da que a Asociación Arte en palla de Baíñas nos desvelará todos os segredos. Por último, o día 31, volveremos a modelar o barro e coñecer todos os detalles da olería de Buño co Obradoiro Lista.

Chema Suárez será o encargado de inaugurar os obradoiros no mes de setembro. Farao o sábado 7 cunha sesión na que ensinará como se fan as maquetas de barcos. Por último, a Asoc. Amigos do Liño de Galicia ofrecerá unha sesión sobre como fiar o liño o venres 13 de setembro.

Os obradoiros desenvolveranse ás 11:00 horas, agás os do 27 de xuño e 13 de setembro, que serán ámbolos dous ás 17:00 horas.

Cada taller contará cun total de 12 prazas, a excepción do taller de Contas de vidro, que terá 8. Todos requiren de inscrición previa, que pode formalizarse a través da ligazón habilitada.

Horario de verán

Durante estes meses, concretamente do 15 de xuño ao 15 de setembro, o Castelo de Vimianzo manterá as súas portas abertas en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. A última admisión é 15 minutos antes da hora de peche.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X