Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-06-2024

A nova campaña no Castro das Barreiras desvela o achado máis espectacular: unha antiga fouce

A nova campaña no Castro das Barreiras desvela o achado máis espectacular: unha antiga fouce

A nova campaña no Castro das Barreiras desvela o achado máis espectacular: unha antiga fouce

A nova campaña de escavacións no Castro das Barreiras desvela, apenas dez días despois, o achado máis espectacular e relevante dos que se levan atopado ata esta data: unha antiga fouce. 

A peza, de 2.200 anos de antigüidade, é a confirmación das primeiras suposicións. As Barreiras era un centro de actividade eminentemente agrario. Ao ser concebido no fondo dun val, “fundouse e viviuse como un gran centro de explotación agrícola. Almacenaban e distribuían as colleitas”, subliña o responsable das escavacións, Tito Concheiro. 

“É tremendamente emocionante atopar un obxecto que fala. Os seus habitantes almacenaban e distribuían as colleitas, anticipándose así ao mundo da Antiga Roma. Foron uns precursores”, prosegue o arqueólogo. Concheiro recalca “o valor desta peza, claramente museística e que proporciona un valor incalculable xa a nivel supragalego”. Conclúe aportando que “non hai unha peza semellante en todo a contorna da Costa da Morte”. 

Foi atopada na cabana número 5, das sete que existen no xacemento. No exterior e ao nivel de ocupación, polo que todo indica que estaba depositada tal e como alí se deixou. Un elemento da actividade cotiá e que contextualiza en maior medida a vida deste xacemento, claramente na Idade de Ferro. Non apareceu o mango, polo tempo transcorrido e a caducidade da madeira que o recubría. Cabe lembrar que xa aparecera un sacho, e algún resto da punta doutras fouces, xamais destas características. Este achado coincidiu coa visita dos escolares do CEIP Labarta Pose, de Baio. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X