Concello de Vimianzo
1 de setembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-06-2024

O Concello e o Comercio de Vimianzo únense novamente para impulsar unha campaña comercial vencellada ao Asalto ao Castelo

  • O pasado xoves tivo lugar unha xuntanza na que participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; as concelleiras Beatriz Pazos e María José Pose; a técnica de Desenvolvemento Local do Concello, Rosa Sánchez, e representantes do comercio e a hostalaría.
  • Fixáronse as accións a realizar, entre as que se atopan descontos especiais, folletos informativos e sorteos.

O Concello de Vimianzo e o comercio local únense novamente para artellar unha campaña comercial vencellada ao Asalto ao Castelo. O pasado xoves tivo lugar unha xuntanza na que participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; as concelleiras Beatriz Pazos e María José Pose; a técnica de Desenvolvemento Local do Concello, Rosa Sánchez, e representantes tanto do comercio como da hostalaría vimianceses.

Fixáronse as accións que se realizarán, coincidindo tanto coa previa como coa celebración desta Festa de Interese Turístico, entre as que se atopan descontos especiais, folletos informativos e sorteos. Será entre o 20 de xuño e o 7 de xullo de 2024. Poderán participar tanto comercios como panadarías, pastelerías, artesanía e hostalaría.

Á vez, avanzouse na creación dunha asociación para a hostalaría local. Todos os axentes implicados nesta xuntanza coinciden na “relevancia desta figura como elemento de inter locución entre a Administración local e outros entes”, asegurando que “é imprescindible un plan de promoción anual, con campañas de tempada, e de aproveitar sinerxias con outros eventos”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X