Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-06-2024

Comeza unha nova campaña de escavación nas Barreiras co foco na cabana de planta ovalada

Mañá, martes 4 de xuño, comeza unha nova campaña de escavación no Castro das Barreiras, uns traballos que irán en dirección norte, sentido oposto ao habitual que se vén desenvolvendo nos últimos anos. 

Farase especial fincapé na vivenda de planta ovalada, que xa se sabe que contén no seu interior un gravado rupestre, e seguirase elaborando a área arqueolóxica escavada, neste caso cun espazo de 8 x 5 metros. Á súa vez, descubrirase outra porción da muralla de chanzos.

“A nosa intención é sacar toda a información que poidamos, cun equipo que nunca estivera traballando nas Barreiras pero que hoxe quedou impresionado ao poder coñecer este xacemento, sen dúbida o gran protagonista deste eido na Costa da Morte”, asegura Tito Concheiro, responsable novamente dos traballos. 

O arqueólogo asegura que “temos moita ilusión no que poidamos recompilar nesta nova campaña, e queremos agradecer ao Concello de Vimianzo todas as facilidades que lle deu ao equipo desde hoxe, o primeiro día e no que levamos a cabo tarefas de adecuación e limpeza”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X