Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Club de Tiro con Arco DousxSetenta vén facendo un labor importante no concello de Vimianzo fomentando os valores da deportividade, amizade e vida san entre un bo grupo de xente do noso concello, ao tempo que levan o nome do concello de Vimianzo por Galicia nos diferentes campionatos nos que participan. Ao mesmo tempo promocionan un deporte no que son pioneiros na Costa da Morte, onde só hai dous clubs de Tiro con Arco.
Manuel Antelo quixo recibilos no concello para agradecerlle o labor de promoción que fan do noso concello e para felicitalos polos éxitos acadados no campionato galego nas diferentes categorías nas que se presentaron.
No campionato galego ao aire libre varios dos rapaces e rapazas do Club DousxSetenta lograron postos importantes: na Categoría benxamín na modalidade de recurvo olímpico José Vázquez foi subcampión galego masculino; Laura Ramos, foi a terceira clasificada feminina; Marcos Esperante cuarto clasificado masculino e Adrián Pereira acadou o quinto lugar na clasificación. Na categoría alevín, na mesma modalidade de recurvo olímpico, Fernando Villaverde quedou de quinto clasificado galego masculino; e na categoría infantil Maikel Santos foi o sétimo clasificado galego masculino.
Na categoría de Veteranos, José Mª Lema foi o cuarto clasificado do campionato galego masculino ao aire libre; e no campionato galego en sala foi o terceiro clasificado e o campión do trofeo da federación galega en sala.
OS arqueiros contáronlle ao alcalde a súa experiencia neste deporte e no campionato e o presidente do Club, José Mª Lema, entregoulle unha camiseta do Club para que a poña cando os acompañe ao seguinte campionato no que participen.
A vindeira cita destes arqueiros será o sábado día 7 de xullo no I Campionato Irmandiño de Tiro con Arco, en Vimianzo, dentro da programación do Asalto ao Castelo.