Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-05-2024

Vimianzo presenta un amplo programa de conciliación nos campamentos ‘Vimiverán 2024’

Vimianzo presenta un amplo programa de conciliación nos campamentos ‘Vimiverán 2024’

O Concello de Vimianzo presenta hoxe a programación oficial para os campamentos ‘Vimiverán 2024’, unha iniciativa que persegue favorecer a conciliación familiar e que os nenos e nenas que participen poidan aprender nun entorno lúdico e xogando. Este ano, como principal novidade, inclúese unha quenda que terá como fío condutor a astronomía, para que os máis pequenos e pequenas coñezan o ceo.

O campamento levarase a cabo de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e ofrecerase a posibilidade de incorporarse ás 08:00 h da mañá, naqueles casos en que sexa necesario para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

As persoas interesadas deberán realizar as preinscricións ben de xeito telemático ou ben na Casa da Cultura dende o 27 de maio ata o 7 de xuño. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados en Vimianzo.

O sorteo de prazas terá lugar o día 11 de xuño, ás 12:00 horas, na sala conferencias da Casa da Cultura. Así, a formalización de matrícula e o pago de taxas estará habilitado do 13 ao 21 de xuño.

O prezo estipulado é de 50 euros por quenda ou actividade, agás na primeira, que o prezo é de 15 euros.

A continuación, detallamos as diferentes quedas e tipos de campamentos do ‘Vimiverán 2024’:

1ª QUENDA: do 24 ao 28 de xuño (100 prazas): ESPECIAL ASALTO. Desenvolveranse dinámicas teatrais para achegar a rapazada ao mundo do teatro e a temática será arredor do “Asalto ao Castelo” co fin de que coñezan a súa historia e festa.

◦ Nenos/as nacidos entre o 2012 e 2021.
◦ Horario: 10:00- 14:00 h.
◦ Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h. (prazas limitadas e necesario xustificar necesidade).
◦ Lugar: Casa da Cultura de Vimianzo.

2ª QUENDA: do 1 ao 19 de xullo.

◦ CAMPAMENTO VIMIASTRONOMÍA (65 prazas). A temática será a astronomía e as ciencias para a orientación e recoñecemento do ceo, localizar constelacións e coñecer o movemento dos astros na esfera celeste. Realizaranse actividades de observación solar con telescopio, de meteoritos e cráteres e constelacións tendo especial protagonismo o ceo de Vimianzo como Destino Stralight Costa da Morte.
▪ Nenos/as nacidos/as entre o 2012 e 2021.
▪ Horario: 10:00-14:00 h.
▪ Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h. (prazas limitadas, será necesario xustificar necesidade).
▪ Lugar: Casa da Cultura de Vimianzo .

◦ CAMPAMENTO VIMIDEPORTE (65 prazas). Desenvolveranse dinámicas lúdicodeportivas enfocadas ao achegamento da rapazada ao coñecemento, coidado e respecto do medio ambiente, reciclaxe e prácticas deportivas respectuosas co medio ambiente.
▪ Nenos/as nacidos/as entre o 2012 e 2021.
▪ Horario: 10:00-14:00 h.
▪ Servizo de madrugadores: de 8:00 a 10:00 h. (prazas limitadas, será necesario xustificar necesidade).
▪ Lugar: Pavillón Municipal de Vimianzo.

◦ CAMPAMENTO VIMIDIXITAL (15 prazas). Desenvolveranse actividades de coñecementos manexo práctico de impresión 3D, robótica, edición de audio, vídeo e imaxe, ofimática, microbit, ciberseguridade, minecraft e scratch.
▪ Nenos/as nacidos entre o 2010 e 2014.
▪ Horario: 10:00- 14:00 h.
▪ Lugar: Aula Cemit.

3ª QUENDA: do 22 de xullo ao 9 de agosto.
◦ CAMPAMENTO VIMICHEFF (20 prazas). Desenvolveranse accións para o coñecementos de técnicas culinarias básicas e participarán no concurso Vimichef.
▪ Nenos/as nacidos/as entre o 2012 e 2018.
▪ Horario: 10:00-14:00 h.
▪ Lugar: Aula de cociña de Reboredo, na parroquia de Salto.

◦ CAMPAMENTO VIMIDEPORTE (90 prazas). Será igual que o da primeira quenda.

◦ CAMPAMENTO VIMIDIXITAL (15 prazas). Idéntico ao da primeira quenda.

4ª QUENDA: do 12 ao 30 de agosto.

◦ CAMPAMENTO VIMICHEF (20 prazas).

◦ CAMPAMENTO VIMIDEPORTE (70 prazas).

◦ CAMPAMENTO VIMIDIXITAL (15 prazas).

CAMPAMENTO VIMIVERÁN NAS PARROQUIAS

◦ 1ª QUENDA: do 1 ao 19 de xullo.
◦ 2ª QUENDA: do 22 de xullo ao 9 de agosto.
◦ 3ª QUENDA: do 12 ao 30 de agosto.

▪ Nenos/as nacidos/as entre o 2012 e o 2021.
▪ O número mínimo por parroquia é de 20 nenos/as.
▪ Horario: 10:00-14:00 h.
▪ Lugar: instalacións municipais das parroquias.

Tras a presentación do amplo programa, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, fixo fincapé na gran cantidade de actividades que se van desenvolver “co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar, volvendo apostar polo servizo de madrugadores, que é de gran axuda para moitas familias”. Ademais, destacou a aposta pola astroloxía “coa que pretendemos trasladar aos máis pequenos e pequenas a singular beleza do ceo”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X