Concello de Vimianzo
8 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-05-2024

O Concello presenta un programa de andainas para descubrir os Recunchos de Vimianzo a pé

O Concello de Vimianzo presenta unha nova edición do programa de andainas para descubrir o municipio a pé. Trátase dun conxunto de seis rutas que se dividen en dous bloques, os ‘Recunchos de verán’, que terán lugar en maio e xuño, e os ‘Recunchos de outono’, que se celebrarán nos meses de setembro e outubro.

A primeira das camiñadas será o vindeiro domingo, 18 de maio, onde se darán a coñecer os segredos do Val de Vimianzo a través dun percorrido circular de 14 quilómetros.

O 8 de xuño será a quenda da Ruta do Mel, unha camiñada de 9 quilómetros nos que se as persoas participantes se mergullarán na cultura da apicultura neste territorio.

Os Recunchos de Verán pecharanse o 29 de xuño cunha ruta polas terras de Carantoña. O traxecto, de 11 quilómetros, permitirá coñecer e gozar da beleza natural da parroquia.

Por outra banda, o 22 de setembro darán comezo os Recunchos de outono cunha andaina polos penedos de Pasarela e Traba, un dos principais atractivos do municipio. A través desta viaxe as persoas asistentes poderán achegarse á arte natural do municipio, con pezas únicas creadas debido ás forzas da natureza. Neste camiño, as pedras cobran vida e convértense en auténticas figuras.

Continuando co percorrido pola riqueza do municipio, na ruta do Vieiro Fidalgo, que se celebrará o 5 de outubro, as persoas participantes poderán contemplar a beleza patrimonial do municipio.

O programa pecharase cunha camiñada pola Vía Mariana o 26 de outubro. Un percorrido de 13 quilómetros que transcorre entre Orbellido e Berdoias e conta con diferentes monumentos arquitectónicos e patrimoniais. Para esta saída habilitarase servizo de autobús, mentres que os desprazamentos ata o punto de partida das demais correrá por conta allea.

Cuestións de interese

A saída das rutas será ás 9:30 horas e o remate será arredor das 14:30 horas, aínda que dependerá da duración de cada unha delas.

Desde o Concello recomendan levar calzado e roupa axeitada para a práctica deportiva, así como algo de comida e bebida para o percorrido.

As inscricións pódense formalizar a través da ligazón ata o xoves previo á celebración de cada unha das andainas.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, apuntou que é un pracer “presentar unha nova edición dos nosos Recunchos e facer que a xente continúe percorrendo o noso municipio a pé, podendo coñecer de primeira man a súa inmensa riqueza natural e patrimonial”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X