Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Vimianzo tinguirase de verde para seguir camiñando na loita contra o cancro. A andaina solidaria, organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Vimianzo en colaboración co Concello, terá lugar o sábado 25 de maio de 2024.
A saída será ás 16:30 horas da praza de Cereixo e terá un percorrido de 7 quilómetros completamente accesible a todo o mundo. Ademais, incluirá diferentes visitas guiadas en puntos singulares do municipio, como o carballo e a Igrexa de Cereixo, o castiñeiro do Cura, Rosalía de Castro, a Fagía, o mural de San Cristovo, o muíño das Mareas e o paseo fluvial.
As persoas que queiran participar xa poden inscribirse nos lugares habilitados nas diferentes parroquias do municipio ou de maneira online a través da ligazón.A contribución por persoa será de 5 € e de 3 € no caso das crianzas de ata 12 anos de idade. Ademais, para as persoas que non poidan asistir pero queiran colaborar habilitarase un dorsal solidario na web da entidade.
O remate da camiñada estará amenizado por unha gran actuación musical.A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que se trata “dunha iniciativa coa que sempre é un pracer colaborar. Para nós é importante poñer o noso grao de area na loita contra esta enfermidade” e animou “a todo o mundo a sumarse á causa e formar parte desta gran marea verde que percorrerá as rúas do noso municipio”.