12-04-2024
O Concello acollerá un stand de ciberseguridade na Casa da Cultura o vindeiro mes de xuño
O Concello de Vimianzo, en colaboración co Instituto Nacional de Ciberseguridade, INCIBE, e ca fin de desenvolver un conxunto de accións de sensibilización, concienciación, educación, promoción e divulgación en ciberseguridade, acollerá un posto os días 19 e 20 de xuño na Casa da Cultura de Vimianzo.
Este posto é itinerante, e trasladarase por todo o territorio nacional, que en principio contará con 3 zonas na que se tratará este tema.
A primeira, unha zona informativa onde a experiencia comeza co traslado da información sobre as diferentes experiencias. As persoas asistentes poderán atopar toda a información que requiran sobre as diferentes actividades desta caseta, dándose a coñecer tamén o INCIBE.
Por outra banda, unha zona demostrativa e de capacitación, onde se levarán a cabo demostracións e se impartirán pílulas informativas, obradoiros e presentacións de capacitación.
Outra das zonas, a de gamificación, servirá para poñer en práctica os coñecementos de forma individual ou colectiva en modo competición, virtual e lúdica a través de xogos en liña.
En horario de tarde, este posto estará aberto ao público en xeral. En horario de mañá, está previsto que acudan varios centros escolares da zona.